O martes 26 de abril tivemos una reunión coa directora do C.R.A. ó que pertence a escola.
Xuntámonos todas as nais agas unha que por motivos de traballo non puido asistir.
Comentamos coa directora os pasos que estabamos a dar e puxémonos ó día de como ían as cousas co inspector, Cristina a directora contounos que mantiña un contínuo contacto con el.
A mensaxe que nos transmitiu Cristina era moi positiva, deunos grandes esperanzas, díxonos que xa non tiñamos que facer nada mais.
Alguns quedaron bastante convencidos pero outros non. Os menos convencidos plantexaron a idea de sair nos medios de comunicación e pedir apoios en sindicatos, organizacións etc.
Cristina pediunos uns días antes de que publicásemos nada, quería un voto de confianza a favor do inspector, e así o fixemos, esperamos duas semanas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario