jueves, 19 de mayo de 2011

Visita ao inspector de educación

O luns 21 de marzo asistimos a unha reunión co inspector de educación Fco Javier Vázquez Caruncho no edificio da Xunta de Ferrol para presentarlle a nosa solicitude.

Entre moitas outras cousas comunicamoslle :

1.       Que actualmente estamos a gozar dunha escola rural dinámica que se caracteriza por realizar unha educación individualizada, que posibilita a experimentación, que esperta a curiosidade e fomenta a autonomía,  que axuda á compresión do medio rural e social, que achega e involucra á familia activamente no día a día,  que descubre  e vivencia as nosas tradicións e costumes,  que educa en valores, que aproveita  o potencial que nos ofrecen  as innovacións  tecnolóxicas diariamente, que permite o desenvolvemento dos nenos e nenas no seu entorno inmediato , … 

2.  Que non supón inversión monetaria algunha xa que a escola dispón dos medios  necesarios para levalo a cabo.

3.  Que das seis unidades das que se compón o Colexio Rural Agrupado catro xa están a impartir  educación infantil  e ciclo inicial  de educación primaria.

¿Que vos parece? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario