Mostrando entradas con la etiqueta cra peche lago escola valdoviño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cra peche lago escola valdoviño. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de junio de 2011

Lago si, segue aí!!!!

Lago si, segue aí!!!!

Porque non hai dereito a que nos digan que o criterio para o peche é non acadar seis alumnos cando son eles os que impiden o traspaso de matrícula dun novo alumno e veciño de 4 anos co cal sumamos 6.

Porque temos dereito a ter o primeiro ciclo de primaria ao igual que as outras escolas do CRA incrementando deste xeito o número de matrículas no centro a 8.

Porque os datos do censo indican que para o vindeiro curso (2012-2013)  7 nenos de Lago optarían a matricularse nesta escola e así o corroborran os manifestos recibidos por parte de alguns dos pais deses nenos.

Porque contamos co apoio dos veciños , mais de oitocentas firmas de veciños e amigos de Lago solicitan que esta escola perdure, e solicitan que se lle conceda o ciclo inicial de primaria.

Porque esiximos o noso dereito á libre elección de centro educativo, cousa que se nos negou xa que a estas alturas non temos a oportunidade de entrar na maioría dos centros educativos da comarca de Ferrolterra debido á escasez de plazas.  Como pais traballadores fixemos as nosas contas para conciliar a nosa vida  laboral e familiar e optamos entre moitas outras cousas pola escola de Lago. Agora que é o que pretenden que fagamos?

Porque cremos que as escolas unitarias conforman un modelo educativo e organizativo digno de conservar e sobre todo porque esta escola constitúe un dos máis signifacativos exemplos de ensinanza de calidade.

Porque cremos que a escola ao igual que a sanidade non é un negocio.

NON ACATAMOS ORDE DE PECHE ALGUNHA