Porque non hai dereito a que nos digan que o criterio para o peche é non acadar seis alumnos cando son eles os que impiden o traspaso de matrícula dun novo alumno e veciño de 4 anos co cal sumamos 6.
Porque temos dereito a ter o primeiro ciclo de primaria ao igual que as outras escolas do CRA incrementando deste xeito o número de matrículas no centro a 8.
Porque os datos do censo indican que para o vindeiro curso (2012-2013) 7 nenos de Lago optarían a matricularse nesta escola e así o corroborran os manifestos recibidos por parte de alguns dos pais deses nenos.
Porque contamos co apoio dos veciños , mais de oitocentas firmas de veciños e amigos de Lago solicitan que esta escola perdure, e solicitan que se lle conceda o ciclo inicial de primaria.
Porque esiximos o noso dereito á libre elección de centro educativo, cousa que se nos negou xa que a estas alturas non temos a oportunidade de entrar na maioría dos centros educativos da comarca de Ferrolterra debido á escasez de plazas. Como pais traballadores fixemos as nosas contas para conciliar a nosa vida laboral e familiar e optamos entre moitas outras cousas pola escola de Lago. Agora que é o que pretenden que fagamos?
Porque cremos que as escolas unitarias conforman un modelo educativo e organizativo digno de conservar e sobre todo porque esta escola constitúe un dos máis signifacativos exemplos de ensinanza de calidade.
Porque cremos que a escola ao igual que a sanidade non é un negocio.
NON ACATAMOS ORDE DE PECHE ALGUNHA
Parece que o señor Xesús Vázquez Abad necesita unha visita das nais de Lago para estar ao tanto!
ResponderEliminar