Xa levamos recollidas mais de 600 firmas nos 6 días que levamos de campaña.
É moi agradable ver como a xente se solidariza con nós e nos da mostras de apoio.
Moitas gracias a todos !
As nais e pais da escola rural infantil de Lago, en Valdoviño, loitamos por manter aberta a nosa escola e conseguir que nos concedan o ciclo inicial de educación primaria.
lunes, 23 de mayo de 2011
domingo, 22 de mayo de 2011
A recollida de firmas está a ser todo un éxito!!
Mais de trescentas firmas foron recollidas o longo desta mañá.
Os veciños de Lago están dándonos todo o seu apoio, así se reflexou nas mais de trescentas firmas recollidas o longo desta maña na unitaria de Lago.
Pola tarde continuarase coa recollida de firmas.
Moitas gracias a todos !
viernes, 20 de mayo de 2011
jueves, 19 de mayo de 2011
Recollida de firmas
Iniciamos a recollida de fimas para apoiar a nosa solicitude.
Se estades de acordo con nós e desexades colaborar, podedes descargar o modelo de solicitude de firmas aquí
Moitas gracias pola vosa colaboración!!
Se estades de acordo con nós e desexades colaborar, podedes descargar o modelo de solicitude de firmas aquí
Moitas gracias pola vosa colaboración!!
As dúas semanas xa pasaron ¿Resposta?
Martes 10 de maio, xa pasaron duas semanas dende a nosa reunión coa directora do C.R.A.
Chamámola para obter unha resposta peeeero, nada, o inspector ten pendiente unha reunión con Delegación Territorial, a reunión será o longo desta semana.
Novo plazo venres 13 de maio, parte das nais xa non cren nada ¡Menuda fan estes para manternos calados!, outra parte obtan por non perder a confianza e agardar.
Ó final facemos un pouco de cada, continuamos retomando contactos e poñendonos en contacto con institucións, concellos, sindicatos e asociacións
Reunión coa directora do C.R.A.
O martes 26 de abril tivemos una reunión coa directora do C.R.A. ó que pertence a escola.
Xuntámonos todas as nais agas unha que por motivos de traballo non puido asistir.
Comentamos coa directora os pasos que estabamos a dar e puxémonos ó día de como ían as cousas co inspector, Cristina a directora contounos que mantiña un contínuo contacto con el.
A mensaxe que nos transmitiu Cristina era moi positiva, deunos grandes esperanzas, díxonos que xa non tiñamos que facer nada mais.
Alguns quedaron bastante convencidos pero outros non. Os menos convencidos plantexaron a idea de sair nos medios de comunicación e pedir apoios en sindicatos, organizacións etc.
Cristina pediunos uns días antes de que publicásemos nada, quería un voto de confianza a favor do inspector, e así o fixemos, esperamos duas semanas!!
Visita ao inspector de educación
O luns 21 de marzo asistimos a unha reunión co inspector de educación Fco Javier Vázquez Caruncho no edificio da Xunta de Ferrol para presentarlle a nosa solicitude.
Entre moitas outras cousas comunicamoslle :
¿Que vos parece?
Entre moitas outras cousas comunicamoslle :
1. Que actualmente estamos a gozar dunha escola rural dinámica que se caracteriza por realizar unha educación individualizada, que posibilita a experimentación, que esperta a curiosidade e fomenta a autonomía, que axuda á compresión do medio rural e social, que achega e involucra á familia activamente no día a día, que descubre e vivencia as nosas tradicións e costumes, que educa en valores, que aproveita o potencial que nos ofrecen as innovacións tecnolóxicas diariamente, que permite o desenvolvemento dos nenos e nenas no seu entorno inmediato , …
2. Que non supón inversión monetaria algunha xa que a escola dispón dos medios necesarios para levalo a cabo.
3. Que das seis unidades das que se compón o Colexio Rural Agrupado catro xa están a impartir educación infantil e ciclo inicial de educación primaria.
¿Que vos parece?
A nosa escola
Á nosa escola asisten un total de 7 nenos, dous de cinco anos, dous de catro anos e tres de tres anos.
Temos unha supermestra con dedicación completa coa que estamos todos encantados.
Como ben din, unha imaxe vale mais que mil palabras, por iso comvidamosvos a que visitedes o blogue do colexio. Botade unha ollada, ¡Vale a pena!
Quen somos?
Somos as nais e pais de alumnos da escola rural de Lago que pertence ao C.R.A 'O esquío', no municipio de Valdoviño.
Satisfeitos coa educación que están a recibir os nosos fillos decidimos solicitar o primeiro ciclo de educación primaria para así prolongar dous anos mais a experiencia tan positiva que están a ter os nosos fillos nesta escola.
Neste blogue contaremos as nosas andainas polos trámites da administración facéndovos partícipes das nosas aventuras e desventuras.
A polo ciclo inicial !!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
