miércoles, 15 de junio de 2011

Recorte de prensa Diario de Ferrol, Mercores 15 de Xuño de 2011

Valdoviño- Recogen firmas para soliciar el Ciclo Inicial de Primaria en el colegio de Lago


Valdoviño-Recogen firmas para solicitar el ciclo inicial de Primaria en la escuela de Lago

E-mailImprimirPDF
Diario de Ferrol-2011-06-15-019-8f5c4c5d
  REDACCIÓN > FERROL
  Las familias usuarias de la escuela infantil de Lago, en Valdoviño, acaban de iniciar una campaña de recogida de firmas para instar a la Xunta de Galicia a que incluya el ciclo inicial de educación Primara en el referido centro. La campaña puede seguirse a través de las redes sociales. El colectivo recogió firmas entre los políticos y vecinos el pasado sábado, durante el pleno de investidura del nuevo gobierno municipal.
La posibilidad de incluir el ciclo de Primaria en la escuela permitiría incrementar las matrículas del centro, imposibilitando así posibles medidas correctoras por parte de la Xunta que guarden relación con el número de niños inscritos.
Sobre este mismo asunto, la Mesa Galega de Educación no Rural considera que desde un punto de vista pedagógico “as escolas unitarias conforman un modelo educativo e organizativo digno de conservar en base ás peculiares posibilidades que ofrecen para o desenvolvemento dos nenos”. Asimismo, sostienen que deberían potenciarse “ao máximo”, a pesar del esfuerzo económico que tal hipótesis conlleve, este tipo de centros, al tratarse de “elementos dinamizadores do mundo rural”.
Así, consideran que no deberían primar cuestiones económicas a la hora de decidir suprimir o no este tipo de centros educativos. Además, sostienen que esta escuela constituye “un dos máis significativos exemplos de ensinanza de calidade”.

martes, 14 de junio de 2011

Manifesto da Mesa Galega de Educación no Rural

A MESA GALEGA DE EDUCACIÓN NO RURAL en relación á Escola de Lago- CRA de Valdoviño maniféstase, sobre da solicitude asinada polas  familias afectadas e pola veciñanza, coas seguintes consideracións:

-          Dende o punto de vista pedagóxico as escolas unitarias conforman un modelo educativo e organizativo digno de conservar en base ás peculiares posibilidades que ofrecen para o desenvolvemento dos nenos/as e da comunidade.

-          Como elementos dinamizadores do mundo rural teríanse que potenciar ao máximo aínda que isto esixa un esforzo económico. Polo que nunca se debera basear en argumentos economicistas a decisión de suprimilas de inmediato, sen deixar a marxe de tempo duns anos en agarda de recuperación de matrícula, como con frecuencia sucedeu sendo logo que ao pouco de clausurar determinadas escolas houbo aumento de alumnado sen que este feito levara consigo a recuperación das mesmas.

-          Debérase considerar prioritario fomentar o incremento de alumnado mantendo o 1º ciclo de primaria en todas aquelas escolas que pola súa escasa matrícula corren o risco de seren pechadas a curto prazo, máxime cando as familias así o solicitan.

-          A escola de Lago  constitúe un dos máis significativos exemplos de escola de calidade exemplar e así tiña que ser recoñecida  pola Administración Educativa.  A valoración que merece esta singular escola, sumamente recoñecida polas propias familias que defenden a continuidade de primaria, tería que ser o primeiro motivo para aprobar con firmeza este plan.

-          A liña pedagóxica que na actualidade se ofrece nesta escola  de Lago, claramente recoñecida polos meirandes expertos na materia, está chamada en moitos aspectos a converterse nunha referencia de cara a unha necesaria reestructuración enfocada a unha planificación específica e axeitada á realidade rural galega.

-          Tendo en conta as circunstancias desta escola e as súas características esta Mesa defende como solución idónea a continuidade dos alumnos de 1º ciclo de primaria tal como reclaman as e os asinantes que así o solicitan.

-          Polas razóns expostas, dende a Mesa Galega de Educación no Rural, ademais da referida reivindicación reafirmamos as reclamacións sostidas dende hai décadas no referente á urxente necesidade dunha planificación educativa coherente, flexible e responsable coas necesidades dos ámbitos rurais galegos.

En nome da Mesa Galega de Educación no Rural

                                   Asinado:        
Alicia López Pardo
DNI: 34 241 769 J


En Santiago a 27 de maio de 2011

Seguimos esperando unha resolución satisfactoria, pero sen decaer un chisco!

Seguimos esperando noticias da Delegación Territorial pero lonxe de decaer seguimos ampliando aliados na nosa loita.

lunes, 23 de mayo de 2011

Nós témolo claro e os nosos veciños e amigos tamén

Xa levamos recollidas mais de 600 firmas nos 6 días que levamos de campaña.

É moi agradable ver como a xente se solidariza con nós e nos da mostras de apoio. 

 Moitas gracias a todos !

domingo, 22 de mayo de 2011

Recorte de prensa. "La voz de Galicia" Viernes, 20 de mayo de 2011

A recollida de firmas está a ser todo un éxito!!


Mais de trescentas firmas foron recollidas o longo desta mañá.


Os veciños de Lago están dándonos todo o seu apoio, así se reflexou nas mais de trescentas firmas  recollidas o longo desta maña na unitaria de Lago. 


Pola tarde continuarase coa recollida de firmas.


Moitas gracias a todos !

jueves, 19 de mayo de 2011

Recollida de firmas

Iniciamos a recollida de fimas para apoiar a nosa solicitude.

Se estades de acordo con nós e desexades colaborar,  podedes descargar o modelo de solicitude de firmas aquí


Moitas gracias pola vosa colaboración!!

As dúas semanas xa pasaron ¿Resposta?

Martes 10 de maio, xa pasaron duas semanas dende a nosa reunión coa directora do C.R.A.

Chamámola para obter unha resposta  peeeero, nada, o inspector ten pendiente unha reunión con Delegación Territorial, a reunión será o longo desta semana.

Novo plazo venres 13 de maio, parte das nais xa non cren nada ¡Menuda fan estes para manternos calados!, outra parte obtan por non perder a confianza e agardar.

Ó final facemos un pouco de cada, continuamos retomando contactos e poñendonos en contacto con institucións, concellos, sindicatos  e asociacións 

Reunión coa directora do C.R.A.

O martes 26 de abril tivemos una reunión coa directora do C.R.A. ó que pertence a escola.

Xuntámonos todas as nais agas unha que por motivos de traballo non puido asistir.

Comentamos coa directora os pasos que estabamos a dar e puxémonos ó día de como ían as cousas co inspector, Cristina a directora contounos que mantiña un contínuo contacto con el.

A mensaxe que nos transmitiu Cristina era moi positiva, deunos grandes esperanzas, díxonos que xa non tiñamos que facer nada mais.

Alguns quedaron bastante convencidos pero outros non. Os menos convencidos plantexaron a idea de sair nos medios de comunicación  e pedir apoios en sindicatos, organizacións etc.

Cristina pediunos uns días antes de que publicásemos nada, quería un voto de confianza a favor do inspector, e así o fixemos, esperamos duas semanas!!